Contido coa etiqueta .
Prisión Provisional

Prisión provisional para o home acusado de matar un mozo en Ourense a coiteladas
01/12/2024 12:51
Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, está a ser investigado por un delito de homicidio

Prisión provisional para o acusado de acoitelar un home en Carballo
18/11/2024 16:06
Trátase dun mozo de 18 anos que foi detido o venres na casa do seu pai
A vítima, de 79 anos, tivo que ser trasladada ao hospital por unha ferida no tórax

Prisión provisional para o acusado de ferir a coiteladas un veciño en Marín
09/11/2024 16:00
O presunto agresor, investigado por un delito de intento de homicidio, pasou á disposición xudicial este sábado

Prisión para cinco traballadores dun centro de menores de Zaragoza por abusos e torturas
02/08/2024 17:17
Entre os presuntos responsables atópanse o director, dous educadores e dous auxiliares
Os dous denunciantes relataron "episodios de malos tratos físicos e psicolóxicos, así como atentados á súa indemnidade sexual"
A Garda Civil solicitou a localización doutros nove rapaces que fuxiron do centro

Prisión para tres dos sete detidos na operación antidroga de Ferrol e A Coruña
30/05/2024 14:16
Os demais implicados quedaron en liberdade, aínda que coa obriga de asistir ao xulgado cando se estime oportuno
O operativo serviu para desarticular un grupo dedicado á distribución de estupefacientes a outros puntos de Galicia
As detencións producíronse en Caranza, no barrio de San Pablo de Ferrol e na Coruña

O xuíz ordena o ingreso en prisión dos dous detidos polo roubo de camións en Ourense
24/05/2024 16:31
Cometeron tres delitos de roubo con forza e dous furtos entre o 7 de outubro de 2023 e o 2 de maio de 2024

O detido polo crime de Coia alega lexítima defensa e di que a vítima o ameazou cunha machada
08/04/2024 19:45
A xuíza decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido
Confesou ser o autor dos disparos, pero asegura que actuou en lexítima defensa porque a vítima apareceu na súa casa armado cunha machada
Os investigadores apuntan a un axuste de contas como móbil do crime

Prisión provisional para nove detidos en Pontevedra e A Coruña por tráfico de drogas
23/09/2023 13:24
O xefe da rede fora arrestado na súa vivenda situada no barrio da Caeira, no concello de Poio

Prisión sen fianza para o detido polo atropelo na proba ciclista de Cervantes
11/08/2023 14:20
Está investigado por un delito de tentativa de homicidio, omisión do deber de socorro e condución con desprezo á vida dos demais

A Audiencia de Barcelona mantén a Dani Alves en prisión preventiva
12/06/2023 11:58
O ex-xogador do Barcelona leva encarcerado desde ou pasado 20 de xaneiro no centro penal de Brians 2

Prorrogada a prisión provisional para tres supostos asasinos de Samuel Luiz
05/06/2023 12:54
Dous menores foron procesados, declarándose culpables de asasinato e foron condenados a tres anos e medio de internamento

Prisión provisional para o home que acoitelou a súa exmuller en Pontevedra
01/05/2023 15:59
Está acusado dun delito de intento de homicidio
A vítima quedou ferida de gravidade e permanece hospitalizada

O xuíz dita prisión sen fianza para os 5 detidos pola violación grupal en Rubí
14/04/2023 16:13
Os cinco detidos teñen entre 20 e 25 anos, a mesma idade que a vítima
A violación realizouse nunha nave derruída onde levaron a muller á forza

Prisión provisional para dous involucrados no asalto a unha vivenda en Samil
14/03/2023 16:21
Ambos están investigados por un delito de roubo con intimidación, segundo fontes do TSXG

O presunto autor do crime de Baiona, en prisión co protocolo de prevención de suicidio
10/02/2023 11:41
Os especialistas conclúen que non ten ningunha patoloxía que lle impedira declarar

O Pumas UNAM do fútbol mexicano despide a Dani Alves tras entrar en prisión
21/01/2023 08:34
Está acusado de violar unha moza nunha discoteca de Barcelona

Prisión sen fianza para o detido polo asasinato do neno de Ceuta
19/01/2023 19:56
Está investigado polos delitos de asasinato e agresión sexual a un menor
Durante a súa comparecencia xudicial acolleuse ao seu dereito a non declarar

Prisión provisional e sen fianza para a nai da nena morta en Xixón
02/11/2022 20:09
A xuíza atribúelle o delito de asasinato
O avogado do pai di que poderían pedir a prisión permanente revisable

Prisión provisional e sen fianza para a parella de Juana Canal por asasinala hai 19 anos
28/10/2022 16:37
A xuíza decretou o cárcere preventivo porque hai risco de fuga e de obstrución á xustiza